CRTVG

Buscar

Piden 21 anos de prisión para unha muller que deixou morrer o seu bebé

Publicado o 16/11/2020 21:26

• Abandonouna na casa durante un mes

• Deixoulle un biberón e unhas galletas

A Fiscalía pide 21 anos de cárcere para unha muller acusada de abandonar a súa filla de 17 meses. Deixouna un mes pechada na casa cun biberón e unhas galletas.

Non era un feito puntual. Os veciños din que a meniña quedaba soa a diario. Oíana chorar nas horas en que a nai traballaba e tamén cando saía ou ía descansar á casa de amigos.

Pero desta volta a cativa quedou soa un mes e morreu. A nai está acusada de abandono e asasinato.
A defensa recoñece os feitos, pero pide 16 anos de prisión.

Alega que a muller se arrepinte e que tiña unha situación persoal complicada. Quedou embarazada no seu país, en Marrocos, e veu a España para ocultarlle o embarazo ao pai. Mentres, a nai e unha irmá axudábanlle a pagar a súa estancia aquí.

Noticias web

16/11/2020