CRTVG

Buscar

Piden 17 para o frade o Cebreiro que está acusado de abusos e pornografía

Publicado o 17/01/2019 14:17

Xa ten data o xuízo contra o frade do Cebreiro acusado de abusos e pornografía. Será o próximo 5 de febreiro na Audiencia Provincial de Lugo.

A Fiscalía solicita 17 anos de prisión para José Quintela Arias por presuntamente abusar dun mozo con discapacidade intelectual e dunha menor á que, ademais, utilizou para elaborar material pornográfico. Pide tamén o Ministerio Público unha orde de afastamento e o pagamento de 11.000 euros en indemnizacións.

O frade atendeu durante catro anos o santuario do Cebreiro, ata que foi detido a comezos de 2015.

 

Noticias web

17/01/2019