CRTVG

Buscar

Piden 15 anos para os tres acusados de abusar dunha moza discapacitada en Collado Villalba

Publicado o 15/01/2019 15:45

Os tres acusados de violar en grupo unha moza de 18 anos en Collado Villalba declararon ante o tribunal que os xulga que foi ela quen tomou a iniciativa. Dixeron, incluso, que están sorprendidos pola denuncia. Enfróntanse a 15 anos de prisión por un delito continuado de agresión sexual por uns feitos ocorridos en marzo de 2015.

As súas foron as únicas declaracións no primeiro día do xuízo. Este mércores declararán a vítima e as testemuñas. Segundo o fiscal, os acusados concertaron unha cita coa moza mediante o curmán dun deles, que logo non acudiu. Levárona a unha casa e ela e un dos acusados, co que mantiña relacións esporádicas, foron a un dos cuartos. Cando estaban xuntos entraron os outros dous e manifestáronlle a súa intención de participar, o que ela rexeitou. O fiscal sostén os tres homes ignoraron a negativa da moza e a agrediron sexualmente.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019