CRTVG

Buscar

Piden 15 anos para o acusado de provocar un incendio en Ribeira en 2013

Publicado o 14/09/2018 21:20

A Fiscalía pide 15 anos de cadea para un ex-membro de Protección Civil acusado de provocar un incendio forestal en Ribeira no 2013.O lume, que calcinou 200 hectáreas, atravesou a autovía e chegou ata o polígono industrial. Ademáis obrigou a evacuar os veciños da zona. O Ministerio Fiscal acusao de iniciar tres focos distintos preto de dous núcleos de poboación sabendo que se ía propagar. Ademáis da pena de prisión, reclámanlle unha indeminzación polos gastos ocasionados, que chegaron aos 85.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018