Piden 15 anos de prisión para o 'caníbal das Ventas'
Publicado o 16/04/2021 19:19
Matou a nai, despezouna, gardouna en friameiras e comeuna
Esganou a nai, despezouna, gardouna en friameiras e despois cociñou e comeu a súa carne durante 15 días. O coñecido como Caníbal das Ventas será xulgado este vindeiro luns. O fiscal pide para el 15 anos de cárcere por homicidio e profanación de cadáveres. Ademais reclámalle unha indemnización de 90.000 euros para o seu irmán. Os feitos ocorreron en Madrid en 2019. Foi unha amiga da vítima a que denunciou a súa desaparición. Cando a policía chegou á vivenda, o acusado díxolles que a nai estaba morta e ensinoulles as friameiras.