CRTVG

Buscar

Piden 11 anos para un mozo de Arteixo acusado de abusar dunha menor

Publicado o 04/04/2019 18:38

Visto para sentenza o xuízo contra un mozo de Arteixo acusado de abusos sexuais continuados a unha menor de 13 anos. Os feitos ocorreron en 2017. A Fiscalía pide para o home 11 anos de cadea a defensa di que é  inocente e que a denuncia responde a unha invención da vítima.

Na última sesión do xuízo, a quenda foi para os forense e os psicólogos que examinaron a vítima. Os psicólogos do Imelga declararon que o relato da rapaza é crible e lóxico e que deu gran cantidade de detalles.

Os forenses afirmaron que é posible que a menor fose penetrada vaxinalmente.
A Fiscalía atribúelle ao acusado un delito continuado de abusos sexuais a unha menor e pide para el 11 anos de cárcere.

Estanislao de Kostka Fernández, avogado da defensa: "Tal e como se desprende da proba, quedou demostrado que o acusado mantivo relacións sexuais de xeito reiterado con penetración vaxinal coa vítima".

A defensa pide a libre absolución e insiste na inocencia do acusado.
"En todas as declaracións non puideron acreditar ningún dos graves feitos que se denuncian e, polo tanto, nós estamos optimistas e agardamos unha sentenza absolutoria ao non quedar acreditados os feitos", afirma o avogado defensor.

O xuízo quedou xa visto para sentenza.

Noticias web

04/04/2019