Piden 11 anos para o violador do estilete por agredir sexualmente unha muller con discapacidade
Publicado o 10/05/2019 17:00
O coñecido como violador do estilete, o polense Félix Vidal Anido, vai ser xulgado de novo, desta volta na Audiencia Provincial de Oviedo, por un delito de agresión sexual a unha muller con discapacidade psíquica, que presuntamente violou en 2017 baixo ameazas de morte.
A Fiscalía do tribunal asturiano solicita unha pena de once anos e seis meses de prisión. Vidal Anido xa estivera 32 anos no cárcere por máis de medio cento de violacións. Quedara libre en 2013 ao beneficiarse da doutrina Parot.