CRTVG

Buscar

Piden 10 anos para un home acusado de abusar da súa fillastra durante un ano

Publicado o 09/10/2018 14:30

Xuízo, na Coruña, contra un home acusado de abusar sexualmente da súa fillastra menor durante case un ano. O Ministerio Fiscal pide para el unha pena de 10 anos de prisión.  

Cando ocorreron os feitos, entre setembro de 2013 e agosto de 2014, a vítima tiña doce anos. Segundo relatou detrás dun biombo, para preservar a súa identidade, o seu padrasto abusou sexualmente dela durante case un ano. Contou que lle facía tocamentos, se lle metía na cama e nunha ocasión chegou a introducirlle os dedos na vaxina. De acordo co seu testemuño, foi entón cando falou coa nai e decidiu denunciar. A rapaza tivo que se someter a tratamento psiquiátrico e aínda recibe axuda psicolóxica.

A proxenitora e o irmán máis vello, que tamén declararon no xuízo tras un biombo, botaron o acusado da casa tras coñeceren os feitos. O home chegara a Galicia dende Bolivia tres anos antes tras contactar coa menor a través dun xogo 'on line'. Entón iniciou unha relación sentimental coa nai por Internet que rematou en casamento. Durante a vista, negou os feitos e acusou a rapaza de arrimárselle. O

Ministerio Fiscal solicita para o imputado dez anos de cadea e a prohibición de achegarse á vítima durante unha década. Arestora ten unha orde de afastamento que xa quebrantou en dúas ocasións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2018