CRTVG

Buscar

Piden 10 anos de inhabilitación para o alcalde de Xinzo por suposta prevaricación administrativa

Publicado o 03/10/2017 08:58

O alcalde de Xinzo de Limia enfróntase a dez anos de inhabilitación para cargos públicos, acusado dun delito de prevaricación administrativa continuada. Antonio Pérez, que se deu de baixa do PP a raíz desta imputación, está acusado de contratar varias persoas de xeito irregular. O tribunal do contencioso administrativo xa declarara nulos os contratos, e agora dirímese a responsabilidade do alcalde. O rexedor asegura que asinaba sen ler os decretos de contratación de persoal do Concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2017