CRTVG

Buscar

En estado grave tras picarlle unha víbora cando facía 'trekking' polo Xurés

Publicado o 18/06/2017 19:55

O home, de 39 anos, está en estado grave e á espera de ver como evoluciona o antídoto

En estado grave un home ao que lle picou unha víbora cando facía treking polo Xurés. Foi rescatado polo GES de Muíños nun lugar de difícil acceso. Ten 39 anos e subía, xunto coa muller e o fillo, polo sendeiro que une a aldea abandonada de Salgueiro co refuxio do Pisco, a serpe mordeuno no dedo índice da man nun momento que estaba sentado. Foi un axente do Parque Natural o que deu aviso ao 112. Foi trasladado en padiola dous quilómetros ata que os membros do GES chegaron a un lugar onde puido aterrar o helicópetro. Foi trasladado xa semiinconsciente e con moita dor ao complexo hospitalario de Ourense. Continúa no servizo de urxencias onde observan a evolución do antídoto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2017