CRTVG

Buscar

Pícaa un escorpión que viña no bolso que comprou a través de Internet

Publicado o 24/09/2020 19:15

En Valencia, unha moza tivo que ingresar no hospital despois de que a picara un escorpión. O bicho estaba dentro dun bolso que comprou a través de Internet a unha empresa chinesa.

O alacrán picouna  no pulgar cando abriu o bolso para comprobar a súa capacidade. A muller denunciou a empresa para que aumenten os controis de seguridade.

 

Noticias web

24/09/2020