Philipsen gaña a etapa en que a Volta sae de Galicia
Publicado o 05/11/2020 21:23
A Volta abandonou hoxe Galicia coa etapa máis longa desta edición. 230 quilómetros entre Mos e Pobra de Seabra. Unha xornada de frío e chuvia con 5 portos e 4.000 metros de desnivel pasando polo Padornelo.
A chegada resolveuse ao esprinte e aí o máis rápido foi o belga Jasper Philipsen, por diante dos alemáns Ackerman e Steimle. Na xeral, Roglic descontou unha xornada máis camiño da vitoria final en Madrid.