Pharmamar presenta hoxe os resultados do seu ensaio clínico con Aplidin
Publicado o 19/10/2020 07:47

Será hoxe cando a biofarmacéutica española PharmaMar presente os resultados do seu ensaio clínico con Aplidin para o tratamento de adultos con coronavirus.
A semana pasada anunciou que o seu estudo conseguira obxectivos de seguridade e eficacia e que comprobaran unha notable reducción da carga viral nos doentes.
O tratamento foi aplicado a tres grupos de pacientes hospitalizados, e, ao cabo de 30 días, ningún deles presentaba síntomas ligados á covid−19.
As accións de Pharmamar acumulan neste ano un crecemento do 215 %.