CRTVG

Buscar

PharmaMar prepara a súa saída ao mercado de bolsa nos Estados Unidos

Publicado o 26/06/2019 14:34

A compañía PharmaMar prepara a súa próxima entrada no mercado de bolsa americano. Hoxe celebrou xunta xeral de accionistas en Vigo para ratificar a venda de Zelnova, a sección química do grupo. É o último paso para cotizar nos Estados Unidos. Na xuntanza tamén presentou os avances nas investigacións antitumorais.

PharmaMar decide focalizar a súa estratexia na oncoloxía para cotizar no Nasdaq e leva á xunta de accionistas a venda da química Zelnova por preto de 33 millóns e medio de euros. A compañía atende así os investidores americanos, que lle esixen centrar a investigación nos fármacos contra o cancro.

"Imos estar preparados a partir de agora, a mediados do mes de xullo, e agardar unha oportunidade. Se pode ser este ano, intentariámolo", asegura José María Fernández, o presidente da biofarmacéutica.

A compañía ten grandes expectativas no terceiro antitumoral do grupo, o denominado lurbinectedina, probado nun cancro de pulmón para o que só existe un fármaco con moita toxicidade.

"Están desexando que veña un produto que sexa bastante ben tolerado como é o noso, e cunha actividade superior á que hai. O cal, parece ser que o lurbi o produce", explica Fernández Sousa-Faro.

Tamén avanza en inmunoterapia, na busca de fármacos que teñan éxito por vía orl e nos compostos coñecidos como balas médicas, que traballan sobre un tumor concreto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019