CRTVG

Buscar

PharmaMar conclúe que o seu medicamento contra a covid−19 é seguro e eficaz

Publicado o 27/05/2021 10:47
PharmaMar conclúe que o seu medicamento contra a covid−19 é seguro e eficaz

O medicamento que a compañía galega Pharmamar está probando para o coronavirus confirma a súa eficacia clínica. A farmacéutica acaba de finalizar a segunda fase do ensaio clínico, que conclúe que o Aplidin é eficaz en pacientes que pasan a covid−19 cun cadro moderado e requiren ingreso hospitalario.

O 74 % deles conseguen a alta despois dunha semana de tratamento. O ensaio clínico pasa agora á fase 3, en que haberá que ratificar estes datos e a seguridade do fármaco antes de saír ao mercado.

Noticias web

27/05/2021