CRTVG

Buscar

Pfizer reduce á metade as vacinas que ía producir este ano

Publicado o 04/12/2020 17:11

O xigante farmacéutico reduce a 50 millóns as doses que producirá no que queda de ano. Son a metade das previstas inicialmente e veremos como repercute nas campañas de vacinación. O Reino Unido ten previsto iniciala a semana que ven e a UE aprobar o uso desta vacina o 29 de diciembre. Agora haberá moitas menos doses no mercado.

O anuncio coincide coa alerta dunha campaña de ataques cibernéticos contra as vacinas do coronavirus. Son ataques moi precisos contra a cadea de frío, imprescindible para a adecuada distribución da vacina.

Noticias web

04/12/2020