CRTVG

Buscar

Pfizer prevé poder vacinar nenos de 5 a 11 anos a partir de outubro

Publicado o 10/09/2021 19:17
Pfizer prevé poder vacinar nenos de 5 a 11 anos a partir de outubro

A farmacéutica Pfizer BioNTech conta con poder vacinar a nenos de 5 a 11 anos a partir do mes de outubro.Os responsables da empresa din que en cuestión de días darán a coñecer os resultados do estudo que certifica a eficacia da súa vacina nesas idades. Trataríase da mesma fórmula que utilizan para o resto da poboación, pero cunha dosificación menor. Pfizer traballa agora noutro estudo para vacinar a menores a partir dos seis meses.




 

Noticias web

10/09/2021