CRTVG

Buscar

Peybernes, un central francés para reforzar o Lugo

Publicado o 05/09/2019 17:00

O Lugo presentou este mediodía o central francés Mathieu Peybernes.  Futbolista de experiencia acreditada, domina o xogo aereo. Acumula máis de 160 partidos na liga francesa, tamén xogou en Turquía antes de recalar no Sporting. Tivo un recibimento mpoi especial. Peybernes reforza unhas das posicións máis febles do equipo. Chega cedido polo Almería ata final de temporada.

Coa chegada de Peybernes, o Lugo completa unha posición delicada, o centro da súa defensa. 

Manolo Mandiá, director deportivo do C. D. Lugo: "Completamos esa liña defensiva, e sobre todo ese déficit de centrais que tivemos toda a pretemporada. Preocupábanos atopar alguén de nivel e con experiencia. Coa chegada de Peybernes cumprimos todos eses requisitos".

O Lugo insistiu moito na contratación do xogador, que chega de pasalo mal no Almería e disposto a axudar. 

Peybernes: "Cando Manolo me chamou moitas veces, e o míster tamén, creo que son cousas moi importantes. Hai que ir onde te queren. Os esforzos de Manolo, do míster, do presidente... estou aquí, estou feliz".

Tamén está feliz o director deportivo despois dun verán moi intenso en Lugo. 

Manolo Mandiá, director deportivo do C. D. Lugo: "Conseguimos un equipo competitivo en todas as posicións, e creo que é versátil con xogadores que poden xogar en diferentes posicións, así que estamos contentos".

Noticias web

05/09/2019