CRTVG

Buscar

Peybernes: "Somos un equipo pequeniño, pero agora cada partido é vital"

Publicado o 27/02/2020 18:57

O Lugo non ten ningún reparo en concederlle a condición de favorito ao Deportivo no derbi. Pero iso non significa que non pense plantar batalla: "Creo que eles teñen que gañar porque están na casa e todo pero temos que sacar puntos de aquí e iremos coa intención de gañar porque estamos loitando pola salvación e agora cada partido é vital", di Peybernes

O Lugo está nun dos mellores momentos da temporada con 7 puntos nas 3 últimas xornadas: "Estamos nun bo momento, cunha serie máis ou menos boa pero imos ter un partido moi difícil contra un rival que tamén está nun momento moi bo", recoñece o central francés

E contra ese Deportivo en forma, as armas do Lugo están claras. "Nós somos un equipo pequeniño, loitando pola salvación, pero temos que afrontar este partido con humildade e saírmos enchufados dende o minuto 0", anuncia Peybernes

Curro Torres non saberá ata o día do partido se pode contar con Cristian Herrera, o máximo goleador do Lugo ten molestias no nocello e non pode adestrarse con normalidade.

Noticias web

27/02/2020