CRTVG

Buscar

Peybernes: "O Cádiz parécese un pouco a nós"

Publicado o 21/11/2019 20:20

O Lugo medra desde a defensa, se cadra por iso a afección escolleu ao central Mathieu Peybernes como xogador do mes. 

Peybernes: "Os partidos con portería a cero dan moita seguridade. Se das marcado un gol, pois xa son tres puntos".

É o que pasou contra o Raio e contra o Albacete. E buscarán o mesmo en Cádiz, un líder atípico. Porque é o equipo de segunda que menos ten a pelota. 

"Parécense un pouco a nós. Son eficaces e non cometen erros nas dúas porterías. Os dous equipos estamos nunha boa dinámica".

Unha dinámica que lle permitiu ao Lugo pasar en tres xornadas da zona de descenso a ter cinco puntos de seguridade.

Noticias web

21/11/2019