CRTVG

Buscar

Peybernes dalle a segunda vitoria ao Lugo

Publicado o 20/10/2019 14:00
Os tres tantos lucenses chegaron a balón parado

Peybernes. C.D. Lugo. "Estou moi, moi contento polo gol, que ao final o máis importante son os tres puntos, sabiamos da necesidade de gañar hoxe na casa para empezar unha boa dinámica, que creo que o podemos facer e ao final creo que o merecimos porque traballamos moito esta semana, con moita intensidade".

Peybernes representou ante o Huesca o dominio do poder central lucense. O francés foi decisivo en ataque marcando o tanto da vitoria e provocando o penalti que deu orixe ao dous a cero.

Pola súa parte, a súa parella, José Carlos, puxo en vantaxe ao equipo cun gol aos dez minutos tras recoller un rexeite de Alvaro Fernández a disparo de Rahmani.

José Carlos. C.D. Lugo. "Non é algo en habitual en nós marcar goles, pero sempre está un contento por poder axudar ao equipo".

No dous a cero o protagonismo foi para Peybernes provocando un penalti tan claro como absurdo cometido por outro central, Josué, quen derruba ao galo cando o porteiro xa tiña a pelota no seu poder e que lle permitiu a Cristian Herrera marcar o seu quinto gol da temporada.

Pero esta acción de Rahmani a volta do descanso trocou o rumbo do partido. O franco arxelino viu o segundo cartón amarelo e iso deulle vida ao Huesca que se meteu no partido con dous goles en nove minutos marcados por Okazaki e Miguelón.

Eloy Jiménez. Adestrador do C.D. Lugo. "Dixémosllo e repetímosllo e nunha xogada na que solta a man, el di que non lle quixo dar. Antes eso estaba permitido e agora non se pode".

Por fortuna para o Lugo, no Huesca estaba Josué para votarlle unha man e unha perna a Cristian que tamén lle custou o segundo cartón amarelo. E xusto, un minuto despois, noutro corner, o Lugo lograba o tanto da vitoria. Os tres tantos branco e vermello chegaron a balón parado.

Peybernes. C.D. Lugo. "O míster díxo toda a semana que eles tiñan medo nos saques desde o recanto e ao final marcamos tres goles."

Unha proba da importancia do central no encontro chegou de inmediato nesta acción defensiva que salvaba os tres puntos para o Lugo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019