Pescudas sobre o incendio da vivenda de Silleda
Publicado o 20/07/2020 15:39
En Silleda a Garda Civil comezou coas pescudas polo miúdo do grave incendio que se produciu o venres pasado. Todo parece indicar que o lume prendeu inicialmente nun solar situado no cruzamento das rúas Venezuela e Trasdeza. O soar limpárase de maleza uns días antes polo que as investigacións analizan desde unha posible queima de restrollos ata a acción dunha cabicha prendida sen descartar unha acción voluntaria dada a virulencia das lapas. Moitos dos veciños que foron desaloxados das súas vivendas o venres están chamados a declarar desde hoxe luns nas dependencias da Garda Civil.