CRTVG

Buscar

Pescanova dobrará a produción en Chapela e apostará polos pratos precociñados

Publicado o 20/03/2019 15:45

Este notable incremento de produción dáse despois de recibir a autorización ambiental da Xunta para poder superar o límite de toneladas de surimi. O centro de Chapela pasará de fabricar 61 toneladas diarias deste produto a 122. En total, a produción anual superará as 40.000, o que saturará a actividade da factoría.

O surimi é un produto fundamental para as vendas de Pescanova no mercado nacional. A produción anual que sacará a pesqueira este ano equivale á cuarta parte da fabricación deste produto en toda a Unión Europea. Os produtos refrixerados serán decisivos para Pescanova no plan estratéxico de 2020.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019