CRTVG

Buscar

Pescanova bota en Vigo un buque para a pesca do lagostino en Mozambique

Publicado o 05/07/2019 19:59

Vinte anos pasou Pescanova sen construír buques, e hoxe botou en Vigo o segundo deste ano. É o Ponta Matirre, que se dedicará á pesca de lagostino en Mozambique.

Ponta Matirre é un punto xeográfico no corazón do banco pesqueiro de Mozambique onde traballa o grupo Nueva Pescanova. E tamén é o nome deste barco de 30 metros eslora, o primeiro dos sete buques, catro deles conxeladores e tres fresqueiros, cos que renovará a súa frota en Namibia e Mozambique. Todos eles se construirán nas instalacións dos estaleiros Armón en Vigo e Burela, cun investimento de 42 millóns e medio de euros.

O Ponta Matirre é un conxelador con capacidade para 22 persoas e se destinará á pesca do lagostino. Conta con motores de alta eficencia enerxética e equipamentos que mellorarán o sistema de procesamento a bordo e as condicións de traballo e de vida da tripulación.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019