Pescadores de Malpica piden máis cota de pesca para saíren ao mar
Publicado o 20/05/2020 14:31
Pescar nunca foi tarefa fácil, pero se a actividade se desenvolve en tempos revoltos, o oficio complícase aínda máis. Mesmo se converte nun constante salto de obstáculos. Así o denuncian os pescadores de Malpica, que gastaron a maioría da súa cota de pesca saíndo pescar cando o peixe apenas atopaba compradores e se vendía, xa que logo, a prezos moi por debaixo dos habituais. Agora piden que se lles aumente a cota para non ir a pique.
Subliñan que a algúns barcos non chegaron aos ERTE. Lembran que da súa actividade dependen moitas outras.
En definitiva, queren que se lles permita pescar para non empeorar a situación nunha vila de fonda tradición mariñeira.