CRTVG

Buscar

Perspectiva global sobre o coronavirus en Galicia un mes despois

Publicado o 04/04/2020 21:00

Pasou un mes da aparición do primeiro contaxiado en Galicia e é o momento para unha mirada retrospectiva cando todo parece indicar que nos situamos na fase de contención na parte alta da curva evolutiva.

Canto aos novos casos activos, o martes pasado, 31 de marzo, marcou un pico que superaba a barreira dos 500 contaxiados, pero nos días sucesivos desta semana moderouse o ritmo.

Albiscábase así unha vertente claramente positiva, pero contrastaba co número de mortos, que foi en moderado aumento desde a fin de semana pasada ata esta, ata superar a barreira dos 15 diarios.

E esta é a curva evolutiva, segundo datos do ministerio de Sanidade, en que contrasta un ascenso en clara pendente do número de contaxiados, mentres a curva dos falecidos en Galicia é moito más plana.

Xa no ámbito comparativo co resto do Estado, Galicia ocuparía o cuarto posto pola cola canto a falecidos por cada millón de habitantes nunha lista encabezada de xeito destacado por Madrid.

Tamén aparece por debaixo da media estatal na cifra de contaxiados por cada millón de habitantes (hai que ter en conta que non falamos de cifras absolutas). E nesa escala sitúase, soprendentemente, na primera posición A Rioxa, moi por diante da comunidade madrileña.

Noticias web

04/04/2020