CRTVG

Buscar

Personaxes de cómic e de videoxogos para as alfombras florais de Burela

Publicado o 31/05/2019 20:05

Como é tradición, Burela celebrará as súas festas na honra do Carme xa esta fin de semana, co fin de que poidan acudir os mariñeiros que participan na costeira do bonito. Na procesión por terra haberá alfombras florais, polo que as distintas agrupacións veciñais levan semanas traballando para confeccionar os tapices que engalanarán as rúas da vila.  

En Burela non se fan alfombras florais para o Corpus, pero si para o Carme, que se celebra esta fin de semana. O motivo de anticipar a festa é que os mariñeiros que participan na costeira do bonito poidan honrar a patroa da vila antes de embarcar. Deste xeito, os veciños levan semanas cortando tuia e flores.

As alfombras florais da procesión por terra do Carme divídense en cinco tramos, co fin de repartir o traballo entre as diversas asociacións. Este ano a temática dos tapices céntrase nos personaxes de cómic ou de videoxogos, e ás amas de casa tocoulles Mafalda e Donkey Kong.

Trala comitiva polas rúas de Burela, o sábado á noite, ao día seguinte celébrase a procesión marítima cos barcos.

Noticias web

31/05/2019