CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Visibilizan as súas enfermidades facendo o Camiño de Santiago

Publicado o 28/08/2018 14:48

Detrás de cada peregrino hai unha historia, acabámolo de ver, e hoxe estivemos con outro grupo deles, estes unidos pola doenza que padecen. A Asociación Alfa-1 España representa persoas con problemas hepáticos e pulmonares, unha enfermidade rara á que queren darlle visibilidade a través do Camiño de Santiago.

Eles son os chamados pacientes 'alfa' e estes días camiñan cara a Santiago para dar a coñecer a deficiencia xenética que padecen.

Detrás de cada un deles hai unha historia diferente, pero teñen un reto común, loitar contra unha enfermidade que no ten cura e é hereditaria e estímase que afecta unhas 2.500 persoas en España.

A súa peregrinación a Santiago busca fomentar o exercicio físico entre os afectados, pero sobre todo dar visibilidade a unha enfermidade rara e infradiagnosticada.

Moitos non levan a clásica mochila de peregrino senón esta outra. Bolsas con botellas de osíxeno que precisan no seu día a día e que cada dúas ou tres horas teñen que parar a recargar en puntos de asistencia coma estes.

Preto de 100 persoas, entre pacientes e familiares de diferentes comunidades e nacionalidades, participan neste reto común. Unha particular carreira de fondo que chegará á meta o vindeiro un setembro en Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí