CRTVG

Buscar

Persoas sen máscara e praias ateigadas no Reino Unido

Publicado o 26/06/2020 09:16

As temperaturas altas que se están a rexistrar no Reino Unido propician que miles de persoas vaian ás praias e creben as precaucións mínimas ante o coronavirus.
As imaxes nos areais do Támesis en Londres e en praiais de costa como Brighton ou Bristol amosan unha afluencia masiva de xente que non repara en agruparse sen manter a distancia debida e, moito menos, usar máscara protectora.
E iso que o Reino Unido, con máis de 43.300 persoas mortas, é dos que rexistran unha das taxas de falecidos e tamén de contaxios máis altas do planeta.
Este panorama de ateigamento nas praias é o que se podería producir cando reabran os pubs o día 4, e podería complicar a evolución da pandemia.

Noticias web

26/06/2020