CRTVG

Buscar

Persoas con discapacidade melloran as súas habilidades grazas a unha terapia de animais

Publicado o 30/01/2019 18:15

Pasear os cans, adestralos ou darlle de comer ao gando. A isto aprenden 24 persoas con diversidade funcional que participan en Coles nun curso da asociación terapéutica Ardai O obxectivo é dobre: por un lado, melloraras súas habilidades e a súa autonomía persoal ,por outro facilitar a súa inserción laboral.  "Aprendemos ao coidado dos animais, como tratalos, como alimentalos como telos na casa", di un dos participantes do curso.

"Estamos aprendendo a adestrar os cans, como ensinarlles trucos aos cans", apunta outro dos alumnos.  "É un programa pensado para persoas maiores de 16 anos e con diversidade funcional que consiste en ensinalos para a súa inserción laboral e como somos unha entidade que traballamos con animais estamos enfocando a proposta de traballo a coidar dos animais, adestralos, a pasealos a coidalos a limpar as instalacións", conta Izcalli Fernández, monitora do curso.

Ao tempo que reciben formación práctica prepáranos nas habilidades necesarias para enfrontar unha entrevista de traballo. "A traballar a autoestima, as habilidades sociais,a linguaxe corporal, as normas sociais, como dirixirse nunha entrevista, onde son adecuadas determinadas actitudes", conta a monitora Izcalli Fernández.

Ata xuño aprenderán a coidar dos animais ao tempo que melloran as súas habilidades para integrarse social e laboralmente.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2019