Persoas con discapacidade intelectual, protagonistas na Semana Santa de Viveiro
Novidades na Semana Santa de Viveiro. Entre as deste ano destaca a inclusión, por primeira vez, dun grupo de dez persoas con discapacidade intelectual. Participaron na súa tradicional tamborrada e nos actos deste Xoves Santo.
Óscar Fernández, monitor de música de Aspanane: "Comezamos todos os ensaios, eles collérono con moita forza e motivación, son moi traballadores, e conseguimos ensaiar con eles e tocar con eles sen perdernos".
Viven cada momento cargados de ilusión, dende ataviarse coa vestimenta da Confraría do Prendemento, ata saír á rúa cos seus tambores despois de longos ensaios.
"A min gústame moito tocar, antes non sabía, non se me daba moi ben", " por ser o primeiro ano estou moi contento de saír na tamborrada con todos eles", "estou moi contenta, é a primeira vez que vou participar pero sempre o vin", "o tambor ao principio foime un pouco difícil pero despois xa empezamos a conseguir o que queriamos", "a primeira vez foi difícil pero ao final démoslle con ansia", "ao principio un pouco regular pero logo ao final moi ben".
A súa marcha procesional é un gran de area máis nunha Semana Santa cargada de emoción.