CRTVG

Buscar

Persoas afectadas por unha estafa bancaria a través do móbil comezan a organizarse

Publicado o 02/10/2021 13:57

As persoas afectadas por unha estafa bancaria a través do sistema de mensaxería do teléfono móbil (SMS) comezan a organizarse como colectivo. Na maior parte dos casos denunciados, os estafadores fanse pasar por Abanca, aínda que tamén por outras entidades.

A Patricia Méndez leváronlle da súa conta 7.900 euros. O modus operandi é semellante en todos os casos denunciados. Todo comeza cunha mensaxe no teléfono móbil que advirte dunha transferencia non autorizada.

A mensaxe inclúe unha ligazón na que a titular debe entrar para abortar a operación non autorizada. Pouco despois reciben unha chamada de teléfono desde un número que coincide co da súa oficina. Pídenlles un código para bloquear a operación, pero en realidade están transferindo os seus cartos a unha conta en Lituania.

Máis de 80 persoas afectadas

A xente afectada estase a coordinar ata o momento a través dun grupo de Whataspp. Son arredor de 80, aínda que non deixan de recibir chamadas de novas persoas estafadas. Agora estudan a creación dunha plataforma para defender conxuntamente os seus casos.

Abanca advertiu que non se acceda á banca online a través de ningunha mensaxe. As cantidades estafadas andan polos 7.000 ou 8.000 euros, aínda que houbo algún caso de 30.000. Un grupo prexudicado vai comezar un proceso de conciliación con Abanca a través da Unión de Consumidores de Galicia.  

Noticias web

02/10/2021