CRTVG

Buscar

Persoal de tres prisións galegas denuncian que os traballadores de mantemento levan sete meses sen cobrar

Publicado o 26/12/2019 15:13

Sete meses levan sen cobrar os empregados de mantemento dos cárceres de Bonxe, Monterroso e O Pereiro de Aguiar. A empresa rescindiu o contrato co Ministerio do Interior e o servizo aínda non saíu a concurso. Aínda así, os traballadores seguiron realizando o seu labor malia non cobrar e cun alto risco para eles pola deterioración das instalacións penitenciarias.

Reclaman que o Ministerio poña fin a esta situación, que se convoque un novo concurso e que os empregados sexan subrogados. Hoxe manifestáronse ante a subdelegación do goberno en Lugo.

"O Ministerio do Interior ten unha responsabilidade subsidiaria sobre as empresas que traballan nos centros. Pedimos que se corrixa esta situación e que se poña ao día a esta xente que leva sen cobrar dende o mes de xuño".

Os traballadores lembran que houbo fallos nas cámaras de vixilancia e mesmo nos peches das celas, polo que a súa integridade física se viu comprometida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019