CRTVG

Buscar

Persegue a tiros o home que mantén unha relación coa súa ex-parella en Oímbra

Publicado o 16/04/2018 13:48

Un veciño de Oímbra de 46 anos está acusado de intento de homicidio e lesións. É sospeitoso de perseguir a tiros a súa vítima, o home que supostamente ten unha relación coa súa muller da que se está a separar. Segundo fontes da investigación, disparoulle dúas veces cunha escopeta no seu coche e seguino ata a súa casa, na Gudiña, onde o golpeou cun obxecto contundente. O detido pasou esta mañá a disposición xudicial no xulgado de Verín. 

Así quedou o coche da vítima tras recibir dous disparos dunha escopeta e varios golpes cando escapaba do seu agresor. Segundo fontes próximas á investigación, o detido, un veciño de Oímbra de 46 anos, agardou a súa vítima, o home co que ao parecer a súa muller mantén unha relación, e da que está en proceso de separación. Escapou del en Oímbra e perseguino en coche ata O Cañizo onde vive e presuntamente o golpeou cun obxecto contundente, provocándolle politraumatismo. Os veciños están moi sorprendidos co sucedido. 

Os veciños aseguran que non coñecen moito a vitima e que o home levaba pouco tempo vivindo na localidade. Viron como o levaba ferido a ambulancia. Despois o presunto agresor entregouse á Garda Civil. Está acusasdo dos delitos de homicidio en grao de tentativa e de lesións. Esta mañá pasaba a disposición xudicial no Xulgado de Verín. O caso está baixo segredo de sumario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018