Persecución policial do sospeitoso de regar con ácido dúas mulleres en Málaga
Sorprendidos, os pasaxeiros doutros vehículos gravan unha perigosa persecución pola Costa do Sol. As forzas de seguridade písanlle os talóns ao coñecido como Melillero, o home sospeitoso de regar con ácido a súa exmoza e unha amiga desta.
Foi un radar o que localizou o vehículo do home e activouse un amplo dispositivo para dar con el. Conduciu de forma temeraria dende Málaga para evitar ser interceptado e mesmo conseguiu evitar un control en que estivo a punto de atropelar uns axentes.
A policía localizou o seu coche en Mijas e investigan agora onde se agocha o home. Búscano pola agresión do pasado martes na localidade de Cártama, cando lanzou ácido no interior do vehículo en que estaban as vítimas, que permanecen ingresadas en estado grave, pero o presunto autor do ataque, de 26 anos, ten numerosos antecedentes e xa había contra el outras ordes de busca e captura pendentes.