CRTVG

Buscar

Permanencia para o Elxe e descenso para o Huesca

Publicado o 22/05/2021 21:38


Despois da do Atletico de Madrid, a celebración máis intensa vivíuse no Martínez Valero, onde o Elxe acadou a permanencia grazas á súa vitoria por 2 a 0 ante o Athletic de Bilbao.
Volveu dar bo resultado a relación con Fran Escribá, nesta a súa segunda etapa cos verdibrancos.
Lucas Boyé marcou o primeiro gol da salvación, rematando un centro de Pere Milla no minuto 28.
Xa na recta final, no 72, Raúl Guti marcou o 2 a 0. Un gol de Primeira. Pero que aínda non garantizaba a permamencia. Ata que se confirmou o infortunio dos rivais directos Huesca e Valladolid.
O Elxe repetirá na categoría que gañaba hai un ano.
Non así o Huesca. A súa historai en primeira vovle limitarse a unha temporada..
Dependía de si mesmo. Chegou a última xornada fçora do descenso. Xogando no Alcoraz e ante un Valencia sen grandes motivacións clasificatorias.
Pero o equipo de Pacheta non foi quen de marcar un gol. Malia entregarse á tarefa na recta final, cando Sadnro reclamou tamén un penalti.
E Rafa Mir creeu bicar o ceo, pero o seu gol marcouno en fóra de xogo no minuto 75.
O disparo ao pao de Sandro Ramírez ilustrou un empeño sen recompensa. A Sociedade Deportiva Huesca regresa a segunda un ano despois, con dous puntos menos que o Elxe.


 

Noticias web

22/05/2021