CRTVG

Buscar

Permanecen illados unha vintena de traballadores do Hospital Montecelo

Publicado o 16/08/2020 20:43
Permanecen illados unha vintena de traballadores do Hospital Montecelo

Na área sanitaria de Pontevedra hai un contaxiado máis ca onte, sesenta en total. Ademais, permanecen illados unha vintena de traballadorers do Hospital Montecelo entre sanitarios e non sanitarios logo de que se confirmase o positivo dun paciente galego procedente de Venezuela e que ingresou por urxencias por patoloxías cardiorespiratorias e que deu varios falsos negativos nas PCR. A súa muller insistiu en que lle repetisen as probas xa que o pasaxeiro do asento do lado do avión dera positivo. Este paciente, de 69 anos, foi o que morreu a última hora deste sábado. Na área sanitaria de Vigo tamén se incrementaron os casos e hai 134 contaxiados, cinco máis ca onte.
 

Noticias web

16/08/2020