CRTVG

Buscar

Un neno lugués de dez anos está na UCI cunha síndrome de inflamación severa pola covid

Publicado o 24/03/2021 14:19

O neno contraeu o virus hai un mes e cando xa a súa pcr era negativa ingresou no hospital cun cadro de febre alta e dor abdominal. Foi o pasado luns. Una analítica revelou a inflamación severa.

"Levaba tres días con febre con picos de 40 e dor abdominal. Noutros casos aparecen manchas na pel, vómitos, cansanzo", explica o doutor Roberto Pérez Pacin, Xefe de Pediatría do HULA.

Segue na UCI, pero o seu estado é estable.

"O neno está estable e cando transcorran as 48 horas que falta pouco o prognóstico é moito mellor, prácticamente fóra de perigo", di o doutor Pérez Pacín.

Este tipo de inflamación nn sempre require dun ingreso na UCI. Pode manifestarse como a enfermidade de kawsaki ou coma shock tóxico, que é o caso deste pequeno.

"Os que cursan como Kawasaki a maioría están fóra da UCI, están en planta. Este cursou como shock tóxico e este cadro sempre require UCI", engade o xefe de Pediatría do HULA.

Esta síndrome aparece entre unha e seis semanas despois de estar en contaco co virus. É unha complicación infrecuente xa que os menores acostuman a pasar a enfermidade de forma asintomática ou leve.

"Ata o de agora os casos que se coñecen a nivel mundial son moi poucos e todos evolucionan favorablemente, non hai ningunha morte documentada, ainda que si é un cadro que hai que vixiar", Manuel Viso, hematólogo.

É o cuarto caso que se trata no HULA. A principios de mes rexistrabase outro en Vigo.

Noticias web

24/03/2021