Permanece estable o brote familiar do Saviñao
Rúas practicamente baleiras no centro urbano de Paradela logo de coñecerse que 7 dos 15 positivos do brote familiar do Saviñao pertencen a este municipio. Xa se realizaron un cento de probas, e nas últimas horas non se rexistrou ningún caso novo.
O brote esta estabilizado e non hai transmisión comunitaria. A maioría dos contaxiados son asintomáticos ou con síntomas leves.
"O brote está localizado nesa reunión. Están confinados todos os contactos, unhas 20 persoas", manifestou Adrián Fernández, tenente de alcalde de Paradela.
Como medida de prevención suspenderonse as visitas e saídas das residencias de maiores dos dous concellos e pecháronse as piscinas municipais.
"Xa ve como está a vila baleira, é sinal de que estamos todos preocupados". "Preocúpanos porque afecta a todos en xeral". "Dende sempre tomamos as nosas precaucións e medidas", din os veciños.
Nas últimas horas localizouse un novo foco tamén en Vigo, tras dar positivo unha fiscala dos xulgados, que se contaxiou durante as súas vacacions. Trinta persoas están en corentena e dous familiares deron positivo.
Tamén segue a haber novos positivos no caso do club de fútbol do Fuenlabrada, que garda corentena nun hotel da Coruña. A cifra ascende a 18.