CRTVG

Buscar

Perimetrado o incendio que arrasa desde onte varias naves industriais en Seseña

Publicado o 14/04/2021 13:45
Perimetrado o incendio que arrasa desde onte  varias naves industriais en Seseña

Na localidade de Seseña, en Toledo, continúan as tarefas de extinción do enorme incendio orixinado nun polígono industrial. O lume iniciouse onte á tarde nunha das naves, por causas que xa se están investigando, e xerou unha inmensa columna de fume que obrigou a activar o plan de emerxencias.

Logo de toda a noite traballando, os bombeiros conseguiron perimetrar o lume, pero as tarefas son moi complicadas porque as estruturas de varias naves corren perigo.

Noticias web

14/04/2021