Perigo e maltrato ao patrimonio en Cambados: os nenos gabean pola torre, os pais fan as fotos
Publicado o 17/08/2020 16:16
Un usuario de Twitter denunciou o sucedido estes días en Cambados, e a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego fíxose eco do episodio.
Os protagonistas, uns nenos gabeando pola torre de San Sadurniño arriba. "E os pais incitándoos a subir para facer unhas fotos para colgar nas redes".
Chama a atención o risco ao que se enfrontan os nenos por unha foto. Chama a atención a falta de respecto ao patrimonio por un gústame.