CRTVG

Buscar

Periga o anunciado cumio entre os mandatarios dos Estados Unidos e Corea do Norte

Publicado o 16/05/2018 09:52

Periga o anunciado cumio entre os mandatarios dos Estados Unidos e Corea do Norte o próximo mes de xuño en Singapur.

Despois de meses de achegamento entre os dous países, incluída a histórica xuntanza entre os líderes das dúas Coreas, Pyonyang suspendeu unha reunión preparatoria prevista para hoxe. O motivo: unhas manobras militares conxuntas entre Corea do Sur e os Estados Unidos, que Corea do Norte considera unha provocación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018