Pereza reúnese dez anos despois no Náutico de San Vicente do Grove
Publicado o 27/08/2021 22:20
O Náutico de San Vicente do Grove asistiu a un reencontro musical inesperado. O do grupo Pereza, que non tocaba xunto desde o ano 2011.
Xuntáronse nun dos concertos sorpresa do verán acompañados por Iván e Amaro Ferreiro. Non o facían desde hai dez anos. Pereza estiveran xuntos de 2001 ata o 2011 sacando seis discos. No Grove tocaron os temas máis emblemáticos do grupo.