CRTVG

Buscar

Pérez de los Cobos solicita reincorporarse ao seu posto de xefe da Garda Civil en Madrid

Publicado o 06/05/2021 21:10
Pérez de los Cobos solicita reincorporarse ao seu posto de xefe da Garda Civil en Madrid

O coronel Pérez de los Cobos solicita reincorporarse ao seu posto de xefe da Garda Civil en Madrid. A xustiza é a que ten que autorizar o reingreso, porque aínda non é firme a sentenza que anula o cesamento. A Audiencia Nacional revogou a destitución do coronel porque considerou que o ministro do Interior o cesou por non informar das investigacións sobre a posible relación das manifestacións do 8-M e o inicio dos contaxios de covid.

Desde o Ministerio do Interior avanzan que, a través da Avogacía do Estado, se van opoñer ao reingreso mentres non se resolva o recurso que presentaron contra a sentenza.