CRTVG

Buscar

Pérez de los Cobos: "O 1-O non houbo carga policial nin desaloxo"

Publicado o 06/03/2019 11:09

O coordinador do dispositivo que debía frear el 1-O, o coronel Diego Pérez de los Cobos, explicou hoxe no xuízo do procés que os informes que recibiu sobre a actuación dos policías e gardas civiís non tiñan "o detalle" de en que consistían cada unha das súas actuacións. Tamén dixo que os informes non incluían fotografías das persoas encapuchas que onte dixo que se atoparon nos centros de votación e engadiu que descoñece "exactamente" en que locais estaban.

O coronel asegurou que os policías encontraron "resistencia pasiva organizada" que se converteu en activa. E houbo agresión, asegurou, "en infinidade de casos". Como fixera onte, o comparecente salientou que o 1-O non hubo tecnicamente cargas policiais.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019