CRTVG

Buscar

Peregrinos e turistas agardan longas colas na catedral de Santiago

Publicado o 12/08/2019 16:50

Cumprir o ritual de abrazar o Apóstolo esixe ter tempo e paciencia nestes días de agosto. Peregrinos e turistas agardan longas colas na catedral que, malia estar en obras, permite que os visitantes sigan coa tradición.  

Nin as esperas nin as obras do interior da catedral logran parar 800 anos de tradición. Ducias de peregrinos e turistas agardan a súa quenda para abrazar o Apóstolo. Un ritual polo que, din, paga a pena poñerse á cola.

A fila avanza rápida no exterior pero ralentízase no interior da basílica. Despois de centos de quilómetros de camiño raro é o peregrino que non agarda para abrazar a imaxe. Menos paciencia teñen algúns turistas, que prefiren deixalo para outra ocasión.

O que non se pode improvisar é a visita ao Pórtico da Gloria. As entradas están esgotadas ata o 27 de agosto. Pero sempre queda un consolo, gratuíto, sen colas nin obras: o de gozar coas vistas desde a praza do Obradoiro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019