Peregrinos da Palma chegan a Santiago recordando os damnificados polo volcán
Publicado o 04/10/2021 16:16
Moitísima emoción a que se viviu este luns á mañá na praza do Obradoiro. Chegaba alí o grupo de peregrinos da Palma que a semana pasada saían de Vigo para facer o Camiño Portugués. Algo máis de 60 palmeiros, algúns deles directamente afectados pola explosión do volcán.
Fixeron o Camiño para rematar un reto que xa iniciaran no ano 2019, pero que tiveron que aprazar debido á covid. Hoxe teñen claro o que lle van pedir ao Apóstolo: que ao volver á illa o volcán mitigue a súa actividade.