CRTVG

Buscar

Peregrinar navegando a bordo do volanteiro da Guarda

Publicado o 17/07/2021 21:35

Ese volanteiro que ven ao lonxe navegando no Atlántico é unha réplica dos que andaban á pescada, cando había pescada a só unhas millas da costa da Guarda, poñamos a principio do século XIX.

Construída tal como era antes de desaparecer do uso cotián, navega cos seus doce metros de eslora porque os membros da asociación Piueiro quixeron que non se perdese este patrimonio cultural. Agora quen o desexe pode reservar praza para facer, navegando no Volanteiro do Camiño, unha etapa do camiño de Santiago portugués.

Ao cabo, na traslación por mar dos restos do apóstolo desde Palestina a Compostela pasaron por aquí. Hai varios percorridos dispoñibles desde A Guarda ata Redondela, Oia, Baiona ou Nigrán. A navegación a vela, completalmente sustentabel e poética con Rosalía no alto observando, como escribiu ela, "do mar azul as transparentes ondas".

Noticias web

17/07/2021