Peregrina Quintela: "O ITMATI pon as matemáticas ao servizo do desenvolvemento da industria"
Publicado o 28/07/2020 09:15
As matemáticas póñense ao servicio da industria do futuro no Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, ITMATI. O instituto suma xa case un cento de contratos en sectores da enerxía, a alimentación ou a automoción. Creouse en 2013, e xa son sete anos de traballo aplicando os coñecementos teóricos ás necesidades das empresas para o seu desenvolvemento.
Coñecemos algo máis deste instituto da man da súa direcortora, Peregrina Quintela.
"O ITMATI é un consorcio das tres universidades galegas que vehiculiza o coñecementos destas para levalo á sociedade en xeral, á industria e ás institucións", explica Peregrina Quintela.