Pere Aragonès e Carles Puigdemont reúnense en Waterloo para falar do futuro de Cataluña
O presidente catalán Pere Aragonès mantivo un encontro co seu antecesor no cargo, Carles Puigdemont, en Waterloo.
Tras máis de hora e media de reunión para manter as reclamacións do independentismo catalán, a conclusión á que chegaron é que os indultos non son a solución. A Pere Aragonès, o novo presidente da Generalitat, non lle chega esa medida de graza que anunciará nos vindeiros días o Goberno de Pedro Sánchez.
De feito, Aragonès non confirma tampouco se estará o luns en Barcelona co xefe do Executivo. Diante de Puigdemont, Aragonès insistiu na solución total ao conflito político catalán: a amnistía. Unha amnistía que beneficiaría precisamente a Carles Puigdemont, o expresident fugado.
Iso si, Pere Aragonès tamén celebra a nova postura da CEOE sobre os indultos e insiste en que o mundo empresarial debe seguir confiando no talento e nas capacidades de Cataluña.